click na imaxe para agranadr
Arquivos mensuais: Abril 2012
aprendemos cousiñas do corpo!
Grazas pola colaboración familias!
¿Qué facemos o longo do día na sala do Polo Pepe e da Porca Clea?
Como todos os días os que mais madrugamos esperamos aos compañeiros e compañeiras xogando pola aula; hoxe subimos e baixamos do coche e o cabalo, sentámonos na alfombra a encaixar tapóns e aneis de cortina nos buratos das caixas…
2.
O cú sento na alfombra que imos contar
Un conto moi bonito que a todos vai gustar
Espertamos as orellas hai moito que escoitar
Pechamos a boquiña non debemos molestar
Xa recoñecemos que é o momento de achegarse a alfombra e escoitar o conto, hoxe imos contar a historia da Porca Clea e o polo Pepe, que sin dúbida algunha son os nosos preferidos.
3. Ao rematar o encontro estamos saíndo ao estanque para facer a actividade da mañá; algúns xa imos camiñando e outros gatexando con moita rapidez.
4.!Qué divertida a sorpresa que nos estaba esperando…! descubrimos luces de cores e perseguimos a luz da lanterna pola parede. Que difícil era collela coa man!
5. Unha galleta son xa veras que boa estou con azucre fariña ovo e mel medrarei e medrarei.
Este é un momento de tranquilidade para disfrutar todas e todos xuntos na colchoneta; dependendo do día comemos paíños, galletas ou froita…hoxe puxémonos as botas coas galletas.
6. Ao chegar a aula e antes de ir durmir repoñemos forzas tomando un pouco de auga…; como agora xa somos un pouco mais maiores empregamos os vasos sen tetina.
7. E despois de tanta actividade necesitamos un momento para descansar un pouquiño
8. Xantamos para repoñer forzas. !Algúns amigos xa sentan na mesa!
9. Imos asearnos e a durmir unha boa e ben merecida sesta, mentres algúns amigos marchan
10. A medida que imos espertando, saímos ao estanque para realizar a actividade da tarde. ! Qué divertido!
11.!Listos para merendar!
12. Aseámonos e xogamos na aula ata que nos veñen a buscar e así acabamos este día tan divertido. Ata mañán
VISITA Ó ACUARIUM
Que ben o pasamos! O pasado 23 de marzo os nenos, nenas, familias e profes do nivel III saímos da escola para ir visitar os peixes! Encantounos ir en autobús, que grande! chegar ó acuario e ver que había tantas cousas: focas, peixes, quenllas, estrelas…. Toda unha aventura!
Dende a escola queremos agradecer ás familias a colaboración prestada, sen vós non sería posible, e especialmente á ANPA, por organizar esta excursión tan divertida! GRAZAS