Ola familias!
Estamos encantados de celebrar o entroido na escola pero para que sexa unha data especial tamén precisamos da vosa colaboración, aquí vos deixamos unha pequena organización destas datas, e non dubidedes en consultar calquera dúbida cos titores ou titoras!
O vindeiro 17 de Febreiro de 16:30 – 18:30 horas, será a festa do Entroido! Para dita celebración os nenos e nenas deberán vir disfrazados da casa e agradeceriámosvos que debido ao pouco espazo co que contamos e para unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna viñera acompañado dun máximo de dous familiares. Como na festa anterior, precisaremos da vosa colaboración traendo alimentos típicos destas datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto. LEMBRADE QUE ESTAREMOS ENCANTADOS DE QUE OS MAIORES TAMÉN VEÑADES DISFRAZADOS DA CASA, temos uns disfraces ben sinxelos, animádevos!!!!
Unha vez subamos a patio non poderemos facer uso das aulas, xa que o persoal de limpeza comeza a facer o seu servizo as 17:00. No caso de se precisar un urinario, estará a disposición dos nenos e nenas o baño do comedor.
Xa para despedir estas festas, o luns 20 de febreiro, será o día do disfraz libre.
Recordarvos que esta escola permanecerá pechada o 21 de febreiro por festividade local, e o día da festa pechará ás 15:00 horas.
Grazas de antemán!