Aínda que o calendario di que o inverno non comeza ata o 21 deste mes, a nosa escola xa deu por rematado o outono e xa comezamos a traballar o inverno e a súa festividade máis representativa: O Nadal.
Aquí vos deixamos unha pequena recopilación das actividades máis representativas que fixemos durante o mes de novembro.
Xogamos con follas, experimentamos con cabazas, manipulamos granadas… e tamén as comemos!!!