ATA A PRÓXIMA!
Arquivos mensuais: Decembro 2011
os obradoiros do Nadal!
O NADAL NA CANTEIRA!
O pasado venres 16 de decembro celebramos na escola a tan ansiada festa de Nadal! Pasámolo xenial; xogamos, cantamos, bailamos, veu o Paxe Real, merendamos… Temos que agradecer en primeiro lugar a tódolas familias pola implicación e colaboración e tamén os membros da ANPA!
Que non decaia ese ánimo e esas ganas familias!!! Desexarvos moi bo Nadal e feliz ano novo:
FELICES FESTAS
MENÚ DECEMBRO
@S AMIGUIÑ@S DO NIVEL II
Aínda que o calendario di que o inverno non comeza ata o 21 deste mes, a nosa escola xa deu por rematado o outono e xa comezamos a traballar o inverno e a súa festividade máis representativa: O Nadal.
Aquí vos deixamos unha pequena recopilación das actividades máis representativas que fixemos durante o mes de novembro.
Xogamos con follas, experimentamos con cabazas, manipulamos granadas… e tamén as comemos!!!
Ata outra familias!!!
Os bebés coñecen o outono.
Mirade cantas cousiñas fixemos no noso primeiro outono. Somos uns bebés moi espelidos!
Pasámolo moi ben xogando con cabazas, castañas, landras, espigas de millo, pinas e follas secas. Algunhas cousiñas pican un pouco pero non nos importa. Así coñecemos o mundo, explorando.
Teñen un montón de cores e texturas que nos dan moito traballo, xa que temos que probalo todo.
Esperemos seguir disfrutando das cousas que nos ofrece a natureza xa que son sempre sorprendentes e moi divertidas.
Ata pronto! Xa seguiremos contándovos todo o que facemos.
os amigos do nivel III despedimos o outono!
Hola de novo familias!
Chegadas estas datas, imos rematando coas actividades de outono para centrarnos máis no inverno e por suposto, no Nadal, unha festividade que vivimos con moita ilusión! Aquí vos deixamos unha recopilación de do que fixemos este último mes no nivel III:
Grazas pola vosa colaboración, esperamos que con estas pequenas mostras poidades ver un pouco do noso traballo e de todo o que rodea ós vosos fillos e fillas na escola! Un saúdo!