@S RATIÑ@S E @S COELLIÑ@S NO OUTONO

Coa chegada do outono caeron as follas, as castañas saíron dos ourizos e naceron as mazorcas, as noces, as landras, as granadas… Así que aproveitamos todos estes elementos naturais para aprender, xogar e disfrutar!

Descubrimos e manipulamos follas secas e mazorcas…

Descubrimos e coñecemos as castañas…

Traballamos a psicomotricidade fina intentando quitarlle a monda ás castañas cocidas para comelas no almorzo de media mañá.

E tamén descubrimos os sentidos da vista e do gusto pintando castañas xigantes e saboreando a choco-pintura.

Bueno familias, nós seguimos por aquí traballando duramente…

Ata a próxima!

 

3 thoughts on “@S RATIÑ@S E @S COELLIÑ@S NO OUTONO

  1. Moi boas! Estou vendo as fotos e non quería deixar pasar a ocasión para felicitar o voso traballo diario cos nenos/as.
    Non só vos teño que dicir que aprendín moito durante o meu tempo de prácticas convosco, senón que tamén vos quero agradecer o bo trato que en cada aula se me dou.
    Grazas a vós a miña opinión sobre as escolas do 1º nivel cambiou moito! pois vexo que é moi beneficioso para os nenos/as, tódalas actividades que se levan a cabo, a interacción entre eles… e vós! a vosa atención e dedicación, a disposición en todo momento e o compañerismo entre todo o persoal!
    E non podo rematar sen eloxiar á magnífica “parella” educativa da Aula 3 pois foi con elas con quen compartín a meirande parte das horas.

    O dito, formades un equipo xenial, seguide así e graciñas por todo!

  2. Ai Silvia,que nos fas chorar…moitas gracias!!alegrámonos un montón de que estiveras contenta e a gusto no tempo que pasaches con nós, e que che sirva para o teu futuro profesional que seguro que estará cheo de oportunidades!!
    Agardamos que nos visites pronto que os pequenos xa te votan de menos!!1bikiño de todo o equipo da canteira!!

  3. Gracias Silvia; encantame saber que marcharás vivenciando o caracter educativo deste primeiro ciclo de infantil; esperamos seguir mellorando. Un bico e ata pronto.

Os comentarios non están permitidos