Probade a facelas, están boísimas!
Que galletas máis ricas fixemos na escola os amigos do nivel III. Aquí vos deixamos a receita para que poidades facelas na casiña:
· 225 gr. de fariña de trigo
· 225 gr. de fariña de maiz
· 250 gr. de mantequilla
· 100 gr. de azúcar
· 1 ovo
· 250 ml. de nata
Mesturamos todo ata conseguir unha pasta tipo plastilina blanda. Estirámolo enriba dunha superficie enfariñada e cortamos coas formas que desexemos (con cortapastas). Metemos ó forno a 180º uns 15 minutos; ata que esten un pouco douradas.
aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos nós:
Probade a facelas, están boísimas!
Que ben o pasamos este tempo descubrindo todo o que ocorre no noso entorno: caen as follas, aparecen as castañas e as landras, as noces, os cogumelos… Experimentamos con todo o que nos poñen ó noso alcance… Tamén seguimos traballando coa profe de horto, cociñamos…e por suposto avanzamos na autonomía.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración:
Ata a próxima! Aquí seguiremos traballando e aprendendo máis e máis cousiñas!!
O pasado venres 18 de novembro tódolos amiguiños da Canteira celebramos a tan ansiada festa de magosto!Veu a castañeira repartirnos ricas castañas para todos, para as profes tamén! Cantamos cancións de outono, bailamos e por suposto: probamos castañas!Que ricas!
Moitas grazas ás familias pola colaboración: as castañas riquísimas, e os cestos moi bonitos! Seguiremos mandando deberes ós papis e mamis!je!
Coa chegada do outono caeron as follas, as castañas saíron dos ourizos e naceron as mazorcas, as noces, as landras, as granadas… Así que aproveitamos todos estes elementos naturais para aprender, xogar e disfrutar!
Descubrimos e manipulamos follas secas e mazorcas…
Descubrimos e coñecemos as castañas…
Traballamos a psicomotricidade fina intentando quitarlle a monda ás castañas cocidas para comelas no almorzo de media mañá.
E tamén descubrimos os sentidos da vista e do gusto pintando castañas xigantes e saboreando a choco-pintura.
Bueno familias, nós seguimos por aquí traballando duramente…
Ata a próxima!
Este martes tivemos unha agradable sorpresa: a Señora do Outono fíxonos unha visita para convidarnos á festa do magosto que celebraremos este venres.
Ademais da invitación, a Señora do Outono veu acompañada de cancións do outono e de follas que voaban por todas partes…
Xa o di o refrán:
“As mellores visitas, son as inesperadas”!
o pasado xoves 10 de outubro os amigos da tarde saímos de excursión ó xardín da escola…a ver se atopabamos cousiñas típicas do outono…E VAIA SE ATOPAMOS!!
PIÑAS,
SETAS,
CASTAÑAS, NOCES, LANDRAS, OURIZOS…..
Que ilusión nos fixo atopar tantas cousas!Metemos todo nunha cesta e levámolo para a escola!
Canto podemos descubrir no outono: hai árbores que non lles caen as follas, que sorpresa!