A visita do rato Riki

O venres 14 de outubro tivemos na Canteira unha gran sorpresa:

Veunos visitar o rato Riki, cargadiño de agasallos para todas as aulas. Troúxonos o conto que lle da o nome a cada aula e tamén os paneis que colocamos nas portas das aulas para identificarnos. Ah! esquecíamonos de contarvos que na súa maleta viñan agochados todas as personaxes dos contos:

A sala 1 é O polo Pepe:

A sala 2 é A porca Clea:

A aula 3, son os ratiños do conto Queres xogar comigo?

A aula 4 é O coelliño branco:

A sala 5 é A eiruga larpeira:

A sala 6 é A xoaniña rosmona:

E a sala 7 é A cebra Camila:

Esperamos con impaciencia a próxima visita do noso ratiño Riki…

 

 

A Canteira Solidaria

Boas tardes!

Estes días temos unha novidade na escola; estamos a colaborar nunha campaña de recollida de alimentos para a asociación Equus Zebra.

Esta ONG da Coruña conta con varios proxectos de formación, sensibilización, orientación laboral, atención psicolóxica, asesoramento xurídico,… dirixidos a aqueles colectivos que por estar en situación de exclusión social máis o necesitan.

Os alimentos que se están a recoller van ir destinados ó economato social que dende o ano 2008 esta asociación puxo a funcionar para axudar a familias con dificultades socioeconómicas.

Esperamos que colaboredes todos na medida do posible; a cambio da vosa aportación podedes levar as tres receitas internacionais que vos ofrecemos no mostrador na entrada. Foron feitas con todo o noso cariño. Coleccionádeas , seguro que vos encantan.

Ah, decir que levamos un bo ritmo, que non decaia! Grazas por todo.

Os bebés saímos ó estanque.

Ola, somos os bebés do nivel I, aínda que xa non somos tan pequenos e gústanos coñecer novos espazos da escola.

Estes días estamos saíndo ó corredor e encántanos, vemos a amigos doutras clases e xogamos con moitas cousas…

…co cestiño dos tesouros

…con pelotas

…con bolsiñas de tela

….con botellas de cores

….con instrumentos musicais

Ata outro día, nós seguimos ó noso, experimentando con todo que é o que máis nos gusta.

a adaptación

Xa estamos de novo aquí, outro ano máis! Algúns reencontrándonos cos compis e as profes e outros facendo novos amigos; ímonos afacendo todos a novos espazos, novas rutinas…

A adaptación é o que máis nos custa a todos (nenos e nenas, familias e tamén profes), pero pouco a pouco comezamos a integrarnos. Cada día vainos custando un pouco menos e a escola xa nos gusta moito máis.

Esperamos que este curso sexa de proveito para todos, aprendamos moitas cousas e descubramos un pouco máis do que nos rodea.