Menú principal
Para dar por rematado este curso 2010/11 fixemos unha gran festa na escola. Tivemos obradoiros de globoflexia, de pompas, de modelaxe con area e auga e paracaídas. E despois de tanto xogar había que merendar. As familias trouxeron cousas riquísimas. Puxémonos as botas, os nenos, as familias e tamén o persoal da escola!
A demais de colofón deste curso ,que esperamos fora de proveito para todos, esta festa foi para agradecer ás familias a colaboración e participación da vida da escola.
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste evento.