Menú principal
Comezando novo centro de interese queremos amosarvos todo o que traballamos nestes meses pasados, festexando o Entroido…
Todos e todas, na escola, aproveitamos este centro de interese para seguir avanzando en autonomías(vestirse e espirse, lavar as mans e a cara, sacar e pór zapatos…), coñecer un pouco máis o noso corpo e as posibilidades que nos ofrece (pintando a cara, as uñas, probando gorros e perrucas, xogando con capas e disfraces…), e coñecer unha festa tan importante como é o Entroido para a nosa cultura.
Agradecervos a colaboración das familias achegándose á escola para os obradoiros de disfraces, traendo merenda para a festa e participando cos nenos e nenas na vida da escola, en especial a Carlos Lage, o pai de Martín pola gran interpretación de Zacarías para a festa que celebramos o día 4 de marzo.
Aquí vos deixamos a nosa reportaxe gráfica: