PRAZOS:
Renovación de prazas: 9 ao 21 marzo 2011
Prescripción: 22 de marzo 2011 ao 16 de abril de 2011 (ambos os dous inclusive)
Publicación listaxe provisional de admitidos e de agarda: 9 de xuño de 2011, contando con 10 días hábiles de reclamación, que contarán a partir do día seguinte da publicación de tales listaxes.
Publicación listaxe definitiva de admitidos e de agarda: 14 de xullo de 2011
Matrículación: 15 ao 29 de xullo 2011 (ambos os dous inclusive)
Curso escolar 2011 – 2012: O inicio é o 1 de setembro do 2011 e o remate o 31 de agosto de 2012.
- As listaxes provisionais e definitivas poderedelas consultar: no taboleiro de calquera escola infantil pertencente ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar do concello de Oleiros, no propio concello de Oleiros, e tamén en www.igualdadebenestar.org ou www.escolasinfantis.net
Ola, somos pais dunha nena que ten oito meses e desexaríamos inscribila nunha das escolas infantís do concello para o curso vindeiro 2011/2012, pero creo que pasóusenos as datas de preinscripción. ¿Poderíamos estar aínda a tempo de facer algo ou xa se nos pasaron os prazos definitivamente? Moitas grazas, Ana Lupiáñez.
Ola Ana,
Si, por desgracia xa chegaríades tarde para a preinscripción deste período, sen embargo, temos outros dous períodos extraordinarios nos que poderedes presentar documentación. O seguinte é no mes de setembro, para o cal deberedes entregar a documentación durante o mes de agosto, e o último é no mes de decembro. Estes prazos son orientativos xa que nos envían as datas definitivas dos períodos pouco antes de que se produzan. De tódolos xeitos sempre podedes estar atentos ás páxinas web das escolas (esta misma) ou na do consorcio (igualdadebenestar.org), ou pasar por algunha das nosas escolas e preguntar polos novos prazos de inscripción.
Un saúdo e grazas polo voso interese.