Arquivos mensuais: Marzo 2011
Ano novo, centro de interese novo! Ó comezo deste ano traballamos o corpo adaptándoo a cada idade. Aquí tedes unha pequena mostra.
Os máis pequechos, os bebés, comezamos a introducir na nosa rutina as actividades de manipulación e experimentación de substancias con texturas, cores e sabores diferentes. Utilizamos remolacha coa súa cor tan vistosa, fariña de arroz con auga e colorante alimenticio, cenoria relada… Non nos esquecemos, por suposto, o cestiño dos tesouros que nos proporciona tamén texturas, olores…Tamén nos puxemos mans á obra coa motricidade para pronto andar e gatear sen parar.
No nivel II descubrimos novas sensacións coa interacción do corpo con diferentes obxectos: plumas, algodón… e comezamos a traballar o noso esquema corporal ,por exemplo, pintando as nosas siluetas, pintando os beizos…
Tamén os máis grandiños (nivel III) traballamos o esquema corporal, por exemplo, xogando a vestirnos e espirnos, con zapatos de diferentes tamaños (tamén traballamos a autonomía, claro), cancións sobre diferentes partes do corpo… Ademais exploramos as nosas posibilidades e as nosas limitacións con circuítos de motricidade grosa e fina.
INFORMACIÓN PREINSCRIPCIÓN CURSO 2011/2012
PRAZOS:
Renovación de prazas: 9 ao 21 marzo 2011
Prescripción: 22 de marzo 2011 ao 16 de abril de 2011 (ambos os dous inclusive)
Publicación listaxe provisional de admitidos e de agarda: 9 de xuño de 2011, contando con 10 días hábiles de reclamación, que contarán a partir do día seguinte da publicación de tales listaxes.
Publicación listaxe definitiva de admitidos e de agarda: 14 de xullo de 2011
Matrículación: 15 ao 29 de xullo 2011 (ambos os dous inclusive)
Curso escolar 2011 – 2012: O inicio é o 1 de setembro do 2011 e o remate o 31 de agosto de 2012.
- As listaxes provisionais e definitivas poderedelas consultar: no taboleiro de calquera escola infantil pertencente ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar do concello de Oleiros, no propio concello de Oleiros, e tamén en www.igualdadebenestar.org ou www.escolasinfantis.net