ENTROIDO

Ola familias!

Con motivo da chegada da festividade do entroido, a Escola Infantil “A Canteira” achégavos a programación de actividades que vos ofrecemos para disfrutar destas datas:

Comenzaremos realizando uns obradoiros dirixidos ás familias, para a elaboración dos disfraces dos vosos pequenos e pequenas que se realizarán os seguintes días:

  • Martes 2 de febreiro de 2010 para o nivel 0 -1 de 16:00 a 17:00 horas.
  • Mércores 3 de febreiro de 2010 para o nivel 1 -2 de 16:00 a 17:00 horas
  • Xoves 4 de febreiro de 2010 para o nivel 2 -3 de 16:00 a 17:00 horas

Do día 8 ao 17 de febreiro, contaremos coa visita dunha persoaxe típica do entroido galego; o Meco, do que xa vos iremos informando máis adiante.

O vindeiro 12 de febreiro de 2010 de 16:00 – 18:00 horas, celebraremos a festa do Entroido. Para dita celebración os alumnos e alumnas deberán vir disfrazados da casa e agradeceriamosvos que debido ao pouco espazo co que contamos e a unha mellor organización da festa, cada alumno ou alumna fora acompañado cun máximo de dous familiares. Como na festa anterior, precisamos da vosa colaboración na elaboración de alimentos típicos destes datas, que todos e todas compartiremos con moito gusto.

Xa para despedir estas festas, o mércores 17 de febreiro de 2010, será o día do disfraz libre.

Recordarvos que esta escola permanecerá pechada o 16 de febreiro por festividade local, e o día da festa pechará ás 15:00 horas.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo e boas festas

O equipo da Escola Infantil A Canteira