A temática para este curso 2009/10 xurde a partir do conto “A que sabe a lúa?”
( Grejniec, Michael. Editorial Kalandraka)
Este conto presenta unha estrutura de conto tradicional, repetitivo pero moi atractivo para as crianzas.
O conto comeza como unha lenda:
“Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?”
E a partires de aquí pasan ante nós diversos animais, postos uns enriba doutros: unha tartaruga, un elefante, una xirafa, una cebra, un león… intentando alcanzar a lúa. Conseguirán o seu propósito?
Cada sala representa un animal pertencente ao conto, e partindo de ahí, xorden actividades, cancións…
A sala 1 somos a xirafa.
A sala 2 somos o elefante.
A sala 3 somos o león.
A sala 4 somos a cebra.
A sala 5 somos o mono.
A sala 6 somos o rato.
A sala 7 somos a tartaruga.