A NOSA TEMÁTICA

 

A temática para este curso 2009/10 xurde a partir do conto “A que sabe a lúa?”

( Grejniec, Michael. Editorial Kalandraka)

Este conto presenta unha estrutura de conto tradicional, repetitivo pero moi atractivo para as crianzas.

O conto comeza como unha lenda:

“Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?”

E a partires de aquí pasan ante nós diversos animais, postos uns enriba doutros: unha tartaruga, un elefante, una xirafa, una cebra, un león… intentando alcanzar a lúa. Conseguirán o seu propósito?

Cada sala representa un animal pertencente ao conto, e partindo de ahí, xorden actividades, cancións… 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A sala 1 somos a xirafa.

A sala 2 somos o elefante.

A sala 3 somos o león.

A sala 4 somos a cebra.

A sala 5 somos o mono.

A sala 6 somos o rato.

A sala 7 somos a tartaruga.

¡¡COMEZAMOS!!

Ola! Benvidos e benvidas ó noso blog. Abrimos as nosas portas para que teñades un espazo onde poder ver un pequeno anaco do que acontece na nosa escola. Pouco a pouco iremos engadindo cousiñas novas. Esperamos que vos agrade. Graciñas por lernos.