GRAZAS pola vosa solidariedade

Todos os xoguetes doados no noso Trineo Solidario foron retirados pola Asociación GONDWARA,  situada na rúa Rosalía de Castro, 98 -1º de Santiago de Compostela. Eles encargáronse de que os vosos regalos chegasen a mans dos nenos e nenas sen recursos. Sen a vosa colaboración non poderían gozar destes agasallos de Nadal.

Grazas a todos-ás os que colaborastes con esta

iniciativa solidaria e desexarvos un Feliz e

Ventureiro Ano 2009… 

 

 
 
 

 

O MAGOSTO (0-1 anos)

Esta celebración enmarcada no noso Proxecto Educativo da etapa de 0-1 anos na Unidade Didáctica 1:”O Outono”, pretende facer vivir ao bebe unha das nosas festas mais tradicionais, exercitando a súa vez os aspectos sensoriais e afectivos, a través da manipulación e observación de froitos do Outono, neste caso noces e castañas de tamaño axeitado para que non resultasen perigosas. Ademais, para facer a festa mais motivadora e entretida  rodeóuselles de gran cantidade de follas secas de árbores que recollemos no contorno da escola e que manipularon ao seu antollo… todo  baixo a atenta mirada dos educadores.
O resultado foi dunha xornada moi proveitosa e divertida para os nenos-as, nas que todos gozaron e pasárono de marabilla…

Saudos de Dulce, Maria, Rosa e Jose.

Primeiros obradoiros de cociña 2008-09

Iniciamos os obradoiros de cociña do curso 2008-09, dirixidos aos pais, nais e nenos do centro.

Primeiro Obradoiro:

“Coñecemento do medio: A Cociña”

DÍA : 11 decembro do 2008

HORA : 5 da tarde

Segundo Obradoiro:

“A Cociña”, acercamento lúdico o Nadal elaborando cos nen@s as nosa propias golosiñas

DÍA : 18 decembro do 2008

HORA : 5 da tarde

Os Obradoiros estaran impartidos por Juan Carlos Ulla, cociñeiro da Escola Infantil.

Para máis información visitade a PÁXINA aberta e descargarvos o arquivo coa información dos contidos dos obradoiros.

1ª Reunion cos pais e nais (0-1 anos)

Fai poucas datas levouse a cabo a Primeira reunión do equipo educativo do grupo de 0-1 anos. Nela informouse aos pais que puideron asistir de diversos temas.

Despois da presentación por parte de Dulce, Maria e Jose, informouse acerca das Normas do centro ás cales, neste grupo de idade dáselles mais importancia:
  • Nome na roupa.
  • Reposición de mudas.
  • Tipo de roupa mais axeitada para poñer aos neno-as, tanto para favorecer a súa mobilidade como para facilitar o labor dos educadores.
  • Informar á enfermeira de cambios na alimentación ou outras incidencias relacionadas coa saúde.
  • Avisar de atrasos se  vai chegar despois das 10 da mañá.  
A seguir déronse unhas breves explicacións do Proxecto Educativo que, para este grupo de idade, deseñouse por parte do mestre e as educadoras; 
  • Características xerais da etapa 0-1 anos.
  • Obxectivos do ciclo.
  • Metodoloxía ( como traballaremos).
  • Temporalización.
  • Avaliación.

Pediuse e expresouse a importancia da colaboración dos pais e nais neste Proxecto Educativo. Como comezo expusoxe a actividade do “Cesto dos Tesouros”,como un instrumento para favorecer a aprendizaxe por descubrimento, o coñecemento da realidade, a autoestima e o respecto do ritmo e necesidades de cada neno-a. Ademais favorece o desenvolvemento das capacidades cognitivas, perceptivas, corporais, afectivas e sociais. Os nenos descobren a través dos sentidos as características dos obxectos que manipulan, realizando así novas experiencias. Aos pais e nais  pídeselles que traian obxectos de distinto tipo(culleres, pedras, tarros, retais de tea, campás, caixas pequenas, …) para completar este marabilloso cesto…

Terminouse a reunión convidando aos pais e nais a realizar aquelas preguntas que quixesen para despexar dúbidas sobre os temas tratados e outros aspectos xerais… 

 
Educadora: Dulce           Educadora: Maria            Mestre: Jose

 

Benvidos ao Blogue da E.I. Vite

A dirección e todo o persoal deste centro quere darvos a benvida ao noso Blogue. Nel queremos acercar a actualidade da nosa Escola, dando informacións que vos sexan de interese e compartindo as nosas vivencias. Pouco a pouco iremos incorporando datos e noticias das nosas actividades e do que fan os vosos nenos no Centro Educativo. Esperamos que vos guste e que participedes cos vosos comentarios e suxestións neste novo xeito de comunicación entre educadores e pais e nais.

Saudos.