Arquivo da categoría: Sen clasificar

MENÚS OUTONO-INVERNO 2009-10

Coa entrada do frio e o mal tempo, temos na nosa escola os novos menus correspondentes á tempada Outono – Inverno. Por iso e para que os pais e nais esten ben informados ao respecto, os publicamos no noso blogue. A súa elaboración correu a cargo do cociñeiro do centro Juan Carlos Ulla.

Podedes consultalos e descargalos en formato WORD na paxína habilitada para iso ou facendo click aqui mesmo: MENÚS OUTONO-INVERNO 2009-10

Benvidos ao Blogue da E.I. Vite

A dirección e todo o persoal deste centro quere darvos a benvida ao noso Blogue. Nel queremos acercar a actualidade da nosa Escola, dando informacións que vos sexan de interese e compartindo as nosas vivencias. Pouco a pouco iremos incorporando datos e noticias das nosas actividades e do que fan os vosos nenos no Centro Educativo. Esperamos que vos guste e que participedes cos vosos comentarios e suxestións neste novo xeito de comunicación entre educadores e pais e nais.

Saudos.