Arquivo da categoría: Reunions cos pais e nais

1ª Reunion cos pais e nais (0-1 anos)

Fai poucas datas levouse a cabo a Primeira reunión do equipo educativo do grupo de 0-1 anos. Nela informouse aos pais que puideron asistir de diversos temas.

Despois da presentación por parte de Dulce, Maria e Jose, informouse acerca das Normas do centro ás cales, neste grupo de idade dáselles mais importancia:
  • Nome na roupa.
  • Reposición de mudas.
  • Tipo de roupa mais axeitada para poñer aos neno-as, tanto para favorecer a súa mobilidade como para facilitar o labor dos educadores.
  • Informar á enfermeira de cambios na alimentación ou outras incidencias relacionadas coa saúde.
  • Avisar de atrasos se  vai chegar despois das 10 da mañá.  
A seguir déronse unhas breves explicacións do Proxecto Educativo que, para este grupo de idade, deseñouse por parte do mestre e as educadoras; 
  • Características xerais da etapa 0-1 anos.
  • Obxectivos do ciclo.
  • Metodoloxía ( como traballaremos).
  • Temporalización.
  • Avaliación.

Pediuse e expresouse a importancia da colaboración dos pais e nais neste Proxecto Educativo. Como comezo expusoxe a actividade do “Cesto dos Tesouros”,como un instrumento para favorecer a aprendizaxe por descubrimento, o coñecemento da realidade, a autoestima e o respecto do ritmo e necesidades de cada neno-a. Ademais favorece o desenvolvemento das capacidades cognitivas, perceptivas, corporais, afectivas e sociais. Os nenos descobren a través dos sentidos as características dos obxectos que manipulan, realizando así novas experiencias. Aos pais e nais  pídeselles que traian obxectos de distinto tipo(culleres, pedras, tarros, retais de tea, campás, caixas pequenas, …) para completar este marabilloso cesto…

Terminouse a reunión convidando aos pais e nais a realizar aquelas preguntas que quixesen para despexar dúbidas sobre os temas tratados e outros aspectos xerais… 

 
Educadora: Dulce           Educadora: Maria            Mestre: Jose