Arquivo da categoría: Festas e celebracions

Coñecemos o Entroido a través dos sentidos (Aulas 1-2 anos)

O Entroido é unha das moitas festas populares que se celebran en Galicia. A percepción do Medio, a través dos sentidos é un dos obxectivos desta etapa educativa. . Deste xeito aproveitamos as posibilidades que nos ofrece esta festa, a maquillaxe, disfraces e alimentos, como medio para representar a realidade a través do xogo simbólico.
Durante a semana do 8 ao 12 de Febreiro fixemos diferentes actividades encamiñadas a desenvolver os sentidos a través do Entroido, que utilizaremos como Centro de Interese dentro da nosa programación anual globalizada.

Os Obxectivos Xerais foron:

. Manifestar interese por compartir cos compañeiros e adultos sentimentos de alegría e diversión ante situacións lúdicas como disfrazarse, maquillarse, bailar… e ás súas posibilidades expresivas.
. Utilizar e manipular con todos os sentidos, na medida do posible, os materiais e instrumentos para a elaboración e construción de disfraces, adornos, alimentos, ambientación…
. Coñecer e participar a través dous sentidos nas festas populares, tradicións e costumes do seu ámbito, gozando e valorándoas.

As actividades realizadas foron:

Día 8 de Febreiro:

. Decoramos unha careta coa silueta dun animal(motivo seleccionado para este ano na Escola Infantil como disfrace), con pintura de dedos ou tempera.
. Bailamos ao ritmo de música propia do carnaval.

 

Día 9 de febreiro:

. Observamos, nomeamos e manipulamos obxectos relacionados co carnaval (gorros, teas, caretas, perrucas,…).
. Poñémonos a careta de animal feita ou día anterior.
. Bailamos ao ritmo de música propia do carnaval.

Día 10 de Febreiro:

. Coloreamos con ceras de diferentes corres uns lentes de gran tamaño.
. Facemos música con diferentes instrumentos e obxectos.

Día 11 de Febreiro:

. Taller de maquillaxe. Pintamos a cara con maquillaxe e colocámonos outros obxectos a xeito de disfrace (lentes do día anterior)… observámonos fronte ao espello.
. Xogamos con globos de colores de distintos tamaños e textura (presión).

Día 12 de Febreiro:

. Degustamos sobremesas típicas destas festas coa colaboración de Juan Carlos, cociñeiro do centro, que os elabora con distintos tamaños, texturas, sabores e colores.
. Bailamos ao ritmo de música carnavaleira.

O dia 16, Martes de Carnaval, celebramos a festa de disfraces co resto dos nenos da Escola Infantil, poñéndonos cada aula os disfraces deseñados e elaborados polo equipo docente durante os días previos coa axuda, nalgún caso, de pais e persoal do centro.

No caso das Aulas de 1-2 anos fomos  disfrazados de xirafas, leóns e cebras…

Festa do Antroido 2009 na Escola

O  venres  día 20 de Febreiro celebramos, na nosa Escola, a festa do Antroido deste ano. Durante a semana xa tivemos moitas actividades relacionadas cos disfraces, pero a do venres foi o máis do máis… tódolos nenos e persoal fomos disfrazados de diversos personaxes, deseñados e elaborados por nós e polos pais e nais dos nenos.
Na aula multiusos, decorada por algúns dos educadores o día anterior, desfilaron as “comparsas” das aulas…  os bebés  viñan disfrazados de duendes (aulas de María e Rosa) e de elefantes (aula de Jose) como a súa mascota de clase. Os nenos de 1-2 anos (aulas de Susi, Lorena e Estrella) disfrazáronse de Deus Neptuno, con tridente e todo… e por último desfilaron cos seus disfraces os maiores (aulas de Susana, Ana e Sonia) que ían de deliciosos caramelos de sabor a fresa, mazá e laranxa … Tódolos nenos e persoal do centro, así como algúns pais e nais, seguiron o desfile con gran atención, ademais botaron unha man cando foi necesario …

Grazas a todos -as pola súa axuda e por facer desta festa un gran acontecemento para  a nosa escola…
Nos pasillos da Escola estan expostas as fotos dos mellores momentos da festa do Antroido para todos-as aqueles-as que non puideran asistir…

 
 
 
 
 

 

 

Celebracion do Dia da Paz

O pasado 31 de Xaneiro tivemos unha xornada de celebración do Día da Paz. Os nenos fixeron en días anteriores algunhas actividades relacionados coa efeméride, pintaron coas súas mans pombas de color branco, puxeron pegadas das mans sobre cartolina con pintura de dedo branca os máis pequenos, coa axuda das educadoras os máis maiores fixeron pombas e  decoráronas ao seu gusto e tamén elaboráronse petos con bolsas brancas con pegatinas ou lendas relacionadas co Día da Paz…

 

O mesmo  día fixemos unha saída a praza que está preto do centro e os nenos disfrutaron moito lucindo os seus traxes alegóricos e pasando uns momentos moi ledos e divertidos, sempre ante a atenta mirada do persoal do centro que colaborou a que esta efeméride resultase todo un éxito…

   

GRAZAS pola vosa solidariedade

Todos os xoguetes doados no noso Trineo Solidario foron retirados pola Asociación GONDWARA,  situada na rúa Rosalía de Castro, 98 -1º de Santiago de Compostela. Eles encargáronse de que os vosos regalos chegasen a mans dos nenos e nenas sen recursos. Sen a vosa colaboración non poderían gozar destes agasallos de Nadal.

Grazas a todos-ás os que colaborastes con esta

iniciativa solidaria e desexarvos un Feliz e

Ventureiro Ano 2009… 

 

 
 
 

 

O MAGOSTO (0-1 anos)

Esta celebración enmarcada no noso Proxecto Educativo da etapa de 0-1 anos na Unidade Didáctica 1:”O Outono”, pretende facer vivir ao bebe unha das nosas festas mais tradicionais, exercitando a súa vez os aspectos sensoriais e afectivos, a través da manipulación e observación de froitos do Outono, neste caso noces e castañas de tamaño axeitado para que non resultasen perigosas. Ademais, para facer a festa mais motivadora e entretida  rodeóuselles de gran cantidade de follas secas de árbores que recollemos no contorno da escola e que manipularon ao seu antollo… todo  baixo a atenta mirada dos educadores.
O resultado foi dunha xornada moi proveitosa e divertida para os nenos-as, nas que todos gozaron e pasárono de marabilla…

Saudos de Dulce, Maria, Rosa e Jose.