Arquivos mensuais: Febreiro 2010

Coñecemos o Entroido a través dos sentidos (Aulas 1-2 anos)

O Entroido é unha das moitas festas populares que se celebran en Galicia. A percepción do Medio, a través dos sentidos é un dos obxectivos desta etapa educativa. . Deste xeito aproveitamos as posibilidades que nos ofrece esta festa, a maquillaxe, disfraces e alimentos, como medio para representar a realidade a través do xogo simbólico.
Durante a semana do 8 ao 12 de Febreiro fixemos diferentes actividades encamiñadas a desenvolver os sentidos a través do Entroido, que utilizaremos como Centro de Interese dentro da nosa programación anual globalizada.

Os Obxectivos Xerais foron:

. Manifestar interese por compartir cos compañeiros e adultos sentimentos de alegría e diversión ante situacións lúdicas como disfrazarse, maquillarse, bailar… e ás súas posibilidades expresivas.
. Utilizar e manipular con todos os sentidos, na medida do posible, os materiais e instrumentos para a elaboración e construción de disfraces, adornos, alimentos, ambientación…
. Coñecer e participar a través dous sentidos nas festas populares, tradicións e costumes do seu ámbito, gozando e valorándoas.

As actividades realizadas foron:

Día 8 de Febreiro:

. Decoramos unha careta coa silueta dun animal(motivo seleccionado para este ano na Escola Infantil como disfrace), con pintura de dedos ou tempera.
. Bailamos ao ritmo de música propia do carnaval.

 

Día 9 de febreiro:

. Observamos, nomeamos e manipulamos obxectos relacionados co carnaval (gorros, teas, caretas, perrucas,…).
. Poñémonos a careta de animal feita ou día anterior.
. Bailamos ao ritmo de música propia do carnaval.

Día 10 de Febreiro:

. Coloreamos con ceras de diferentes corres uns lentes de gran tamaño.
. Facemos música con diferentes instrumentos e obxectos.

Día 11 de Febreiro:

. Taller de maquillaxe. Pintamos a cara con maquillaxe e colocámonos outros obxectos a xeito de disfrace (lentes do día anterior)… observámonos fronte ao espello.
. Xogamos con globos de colores de distintos tamaños e textura (presión).

Día 12 de Febreiro:

. Degustamos sobremesas típicas destas festas coa colaboración de Juan Carlos, cociñeiro do centro, que os elabora con distintos tamaños, texturas, sabores e colores.
. Bailamos ao ritmo de música carnavaleira.

O dia 16, Martes de Carnaval, celebramos a festa de disfraces co resto dos nenos da Escola Infantil, poñéndonos cada aula os disfraces deseñados e elaborados polo equipo docente durante os días previos coa axuda, nalgún caso, de pais e persoal do centro.

No caso das Aulas de 1-2 anos fomos  disfrazados de xirafas, leóns e cebras…