Arquivos mensuais: Xaneiro 2009

Obradoiro de disfraces do entroido

Queridos pais e nais

 

Como xa sabedes temos próximas as festas do entroido  e necesitamos da vosa colaboración para a elaboración dos disfraces.

 

Como alternativa para aqueles pais e nais que dispoñan de tempo propoñémosvos crear un taller  de disfraces que se faría na  aula multiusos polas tardes  a partir das 17.00 horas.

 

Todos aqueles pais e nais que estén dispostos a botar unha man  comunicalo a titora do seu fillo/a antes do día 23 de xaneiro.

GRAZAS pola vosa solidariedade

Todos os xoguetes doados no noso Trineo Solidario foron retirados pola Asociación GONDWARA,  situada na rúa Rosalía de Castro, 98 -1º de Santiago de Compostela. Eles encargáronse de que os vosos regalos chegasen a mans dos nenos e nenas sen recursos. Sen a vosa colaboración non poderían gozar destes agasallos de Nadal.

Grazas a todos-ás os que colaborastes con esta

iniciativa solidaria e desexarvos un Feliz e

Ventureiro Ano 2009…