Benvidos ao Blogue da E.I. Vite

A dirección e todo o persoal deste centro quere darvos a benvida ao noso Blogue. Nel queremos acercar a actualidade da nosa Escola, dando informacións que vos sexan de interese e compartindo as nosas vivencias. Pouco a pouco iremos incorporando datos e noticias das nosas actividades e do que fan os vosos nenos no Centro Educativo. Esperamos que vos guste e que participedes cos vosos comentarios e suxestións neste novo xeito de comunicación entre educadores e pais e nais.

Saudos.

2 reflexións sobre “Benvidos ao Blogue da E.I. Vite

  1. Gustavo Quindimil

    Parabéns para a toda a comunidade educativa da Escola Infantil de Vite pola vosa participación neste espazo virtual.
    Ánimo a todas e a todos para continuar con este blogue para amosar todas esas cousas que estades a preparar na Escola.
    Unha aperta.

    Responder
  2. Rubén Míguez Pérez

    Ola!
    Só quería enviarvos unha calurosa aperta a todo o equipo educativo da E.I. de Vite. E animarvos nesta nova aventura, compartida eso sí con moitos outros centros, que se abre ante vós.

    Parabéns pola vosa primeira anotación!
    E recordade que ante calquera dúbida que vos xurda sempre podedes poñervos en contacto con nós

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>