Familia e Escola en convivencia…

O martes día 10 nais, pais, avoas, avós, nenas e nenos e o persoal da Escola pasamos unha xornada na praia de Gandarío.

Logo para comer desfrutamos do Albergue de Gandarío ao que desde aquí lles agradecemos a súa colaboración connosco en todo momento que o precisamos.

A verdade que pasamos un moi bo día e a participación de todas e todos vós foi moi alta. Gracias tamén.

IMGP2055.JPGIMGP2053.JPGIMGP2069.JPGIMGP2074.JPG

P6100246.JPGP6100252.JPGP6100257.JPGP6100295.JPGP6100297.JPGP6100298.JPGP6100299.JPG

P6100319.JPG

Por fin xa voltamos a estar operativos.

Xa están as fotos para que as poidades imprimir (do Antroido). Xa vistes que continuando co centro de interese montamos o taller de cociña, no que elaboramos pan, algún que outro doce e empanada. Dámoslles as grazas á cociñeira por prestarnos o forno.

Agora estamos a traballar en todas as aulas a primaveira, teredes fotos das vosas crianzas na vosa páxina así como o conto que como sempre, elaboramos na Escola. Pronto vos publicaremos tamén o conto das Cociñeiras e Cociñeiras que aínda estamos rematando de debuxar.

Tamén nestes días inauguramos o noso “obradoiro tecnolóxico” no que estivemos a xogar un pouquiño cos ordenadores, aprendendo o manexo do rato.

Estade atentos a entrar nos porfolios das vosas fillas e fillos xa que pouco a pouco iremos introducindo novas.

 Taller de nais e pais. As cociñeiras e cociñeiros desta Escola As mamás e papás tamén participaron.1 a 2 anos no taller.Que ben o pasamos coa fariña...!2 a 3 anos facendo pan.Máis pan...IMGP1824.JPG O noso IMGP1853.JPGIMGP1763.JPG

O Antroido

Ola de novo.

En primeiro lugar pedirvos disculpas xa que a páxina, das usuarias e usuarios desta Escola rexistrados, leva un tempo parada por motivos técnicos do propio Centro. A partir de hoxe poñémonos de novo a meter información, desde os menús ata a festa de Nadal.

Neste Antroido somos As Cociñeiras e Cociñeiros. Estamos a preparar o noso taller de Cociña no que elaboreremos o pan e algún doce. Xa sabedes que a Gran Festa é o día 8 de febreiro e todas e todos iremos disfrazados (cada nena e cada neno deberá ter un acompañante que tamén se disfrazará).

Xa sabedes que na Escola facemos contos de producción propia. O de Antroido estará colgado na nosa páxina nestes días.

Tamén queremos agradecer a colaboración na elaboración de todos os disfraces e na participación en diferentes eventos destes datas, xa que sen vós sería imposíbel.

Grazas e un saúdo.

O Outono.

Desenvolveuse en todas as aulas o centro de interese do Outono, no que realizamos diferentes actividades, saídas a recoller castañas e tamén fixemos o conto.

Animámosvos a todas as nais e pais a que vos sigades rexistrando, xa que podedes acceder a diferente información como menús, eventos máis próximos, fotos…

Xa estamos tamén a traballar no portfolio das vosas fillas e fillos, onde por exemplo a aula dos bebés no apartado de outros ten o seu menú personalizado así como diferentes fotos no apartado de album, ou no grupo de 1 a 2 anos no que tedes as fotos da saída e conto para que poidade imprimir.

Un saúdo a todas e a todos e grazas pola vosa participación.

Saímos a recoller castañasIMGP0775.JPG

Tamén estivemos en Marcelle!

Aí vai algunha foto máis do día que visitamos Marcelle Natureza en Outeiro de Rei. Grazas a todas as nais e todos os pais que nos acompañastes. A viaxe que fixemos foi un pouco longa, sen embargo cremos que mereceu moito a pena. Canto desfrutamos vendo os animais e comendo de campo.e.jpgb.jpga.jpg c.jpgd.jpg