Arquivo da categoría: As miñas anotacións

EDUCACIÓN VIAL

A POLICÍA LOCAL DO BARRIO DAS FLORES DÓUNOS UN CURSO TEÓRICO- PRÁCTICO DE EDUCACIÓN VIAL.

A CLASE DOS TINOS E AS LOLAS RECIBIMOS A PRIMEIRAS ENSINANZAS PARA CAMIÑAR POLAS RÚAS: PRIMEIRO DAR A MAN ÓS MAIORES, DESPOIS OLLAR ÓS LADOS QUE NON VEÑAN COCHES, VER SE HAI SEMÁFORO E CUMPLIR AS INSTRUCCIÓNS E CANDO SE ESTÉ SEGURO CRUZAR A RÚA. ESTAS NORMAS EXPLICÓUNOLAS O AXENTE “GERARDO” Ó ANDAR POLA RÚA. ACOMPAÑOUNOS NA NOSA SAÍDA OS PAÍS E OS AVÓS.

A NOSA ACTIVIDADE TIVO UNHA AMPLA REPERCUSIÓN SOCIAL

Esta entrada publicouse en As miñas anotacións o por .

NA ESCOLA O 23 DE ABRIL FIXEMOS A NOSA PEQUENA  HOMENAXE Ó DÍA DO LIBRO, COS NOSOS LIBROS VIAXEIROS, OS DOS TINOS E AS DAS LOLAS.

AS NOSAS NAIS VIÑERON Á ESCOLA A LER OS NOSOS LIBROS.

ANA, A NAI DE DIEGO, CONTÓUNOS O XOGO DO “CHIRIMBOLO”; ISABEL  RELATÓUNOS A PRIMEIRA VIAXE DE SANDRA A PAMPLONA; E NIEVES  MOSTROÚNOS AS VACACIÓNS A ALACANTE DE CLAUDIA E SABELA, ONDE VIRON UN ESPECTÁCULO DE GOLFIÑOS

O LIBRO VIAXEIRO

 

DENDE O MES DE XANEIRO PUXEMOS EN MARCHA A ELABORACIÓN DO LIBRO VIAXEIRO.  NEL COLABORAN OS PAIS, OS AVÓS  E OS IRMÁNS, E CONTÁNOS HISTORIAS, ADIVIÑANZAS ,XOGOS, CANCIÓNS, POESÍAS REFRÁNS E VIAXES QUE NOS ACONTOTECERON NA NOSA VIDA.

CADA SEMÁN UN DE NÓS LEVA O LIBRO PARA A NOSA CASA PARA CONTAR O QUE NOS ACONTECEU E DEVOLVELO Á SEMAN SEGUINTE PARA QUE O LEVE OUTRO COMPAÑEIRO.

NA ESCOLA COMPARTIMOS E ADMIRAMOS AS EXPERENCIAS E OS CONTOS QUE TRAE O LIBRO. 

 O LIBRO ESTA A DISPOSICIÓN DE TODO O MUNDO NA NOSA BIBLIOTECA

VISITAMOS A BIBLIOTECA

 

OS NOSOS PAIS ACOMPAÑÁRONNOS Á BIBLIOTECA PÚBLICA GONZÁLEZ GARCÉS, E A BIBLIOTECARIA ELENA MOSTROUNOS COMO É UNHA BIBLIOTECA, O SISTEMA DE PRESTAMOS DE LIBROS, O CARNET PARA ACCEDER A ELA. TAMÉN TIVEMOS CONTOS, CANCIÓNS, E XOGOS PARA ACERCARNOS Á LECTURA.

QUE BEN O PASAMOS!

 

A NOSA FESTA DO ENTROIDO

 

NO PATIO FIXEMOS UNHA GRAN FESTA REPRESENTÁNDO O CONTO “XAN E OS SEUS AMIGOS”, CA AXUDA DAS NAIS, PARA TÓLOS PAIS ,OS NENOS DA ESCOLA E A COMUNIDADE EDUCATIVA. TAMÉN TOMAMOS UNS DOCES FANTÁSTICOS DE DIFERENTES PAISES, VENEZUELA, BRASIL, CUBA, ECUADOR , ESPAÑA, FEITOS POLAS NAIS E OS AVÓS. UHMMMM! QUE BOS ESTABAN.

 

MULTICULTURALIDADE

 

O XOVES 22 DE XANEIRO VEU Á ESCOLA O PAI DUN NENO DA CLASE DOS “TINOS” QUE SE CHAMA YASÍN.  YASÍN É CUBANO LEVA VARIOS ANOS EN ESPAÑA E QUISONOS CONTAR COMO É O NADAL E O ENTROIDO EN CUBA.  RELATOUNOS COMO SON AS COMIDAS E OS POSTRES DE ALÍ E AS DIFERENZAS COS DAQUÍ.

O MARTES 27 DE XANEIRO VEU DORIS, É A NAI DUN NENO DA CLASE DOS “TATÁ” . DORIS É ECUATORIANA, DA PROVINCIA DO EMPALME E TAMÉN COUTOUNOS AS COSTUMES DO SEU PAÍS E AS DIFERENZAS CO NOSO.