Arquivos mensuais: Abril 2009

O LIBRO VIAXEIRO

 

DENDE O MES DE XANEIRO PUXEMOS EN MARCHA A ELABORACIÓN DO LIBRO VIAXEIRO.  NEL COLABORAN OS PAIS, OS AVÓS  E OS IRMÁNS, E CONTÁNOS HISTORIAS, ADIVIÑANZAS ,XOGOS, CANCIÓNS, POESÍAS REFRÁNS E VIAXES QUE NOS ACONTOTECERON NA NOSA VIDA.

CADA SEMÁN UN DE NÓS LEVA O LIBRO PARA A NOSA CASA PARA CONTAR O QUE NOS ACONTECEU E DEVOLVELO Á SEMAN SEGUINTE PARA QUE O LEVE OUTRO COMPAÑEIRO.

NA ESCOLA COMPARTIMOS E ADMIRAMOS AS EXPERENCIAS E OS CONTOS QUE TRAE O LIBRO. 

 O LIBRO ESTA A DISPOSICIÓN DE TODO O MUNDO NA NOSA BIBLIOTECA

VISITAMOS A BIBLIOTECA

 

OS NOSOS PAIS ACOMPAÑÁRONNOS Á BIBLIOTECA PÚBLICA GONZÁLEZ GARCÉS, E A BIBLIOTECARIA ELENA MOSTROUNOS COMO É UNHA BIBLIOTECA, O SISTEMA DE PRESTAMOS DE LIBROS, O CARNET PARA ACCEDER A ELA. TAMÉN TIVEMOS CONTOS, CANCIÓNS, E XOGOS PARA ACERCARNOS Á LECTURA.

QUE BEN O PASAMOS!