Arquivos mensuais: Xullo 2008

Visita ao Acuarium de A Coruña.

Aí vos van algunha fotos da visita ao Acuarium. Fomos todos os grupos e aínda que é unha das saídas habituais non deixamos de sorprender coas crianzas.

Queremos agradecer que todos os bebés que viñeron tiveran un acompañante, xa que senón a visita sen eles sería moi complicada. Amais dos peixes gústanos moito a viaxe en autobús.

 

IMGP4794.JPGIMGP4795.JPGIMGP4798.JPGIMGP4799.JPG

 IMGP4834.JPGIMGP4859.JPGP6250706.JPGP6250736.JPG

 

 P6250772.JPGP6250785.JPG

 

 

 

 

 

 

 

FESTA DE FIN DE CURSO.

Xa damos por rematado o curso e aproveitamos a ocasión para despedirnos dos que vos ides da Escola e darvos as grazas pola vosa participación na actividade da mesma ao longo de todo o curso e tamén desexarvos que todo vos vaia moi ben. Ás e aos que vos quedades un ano máis ánimo que aínda  nos queda moito que desfrutar.

Que ben o pasamos na festa no fin de curso coas nenas e os nenos facendo unha representación dos pitiños. Tamén felicidades a Laura e Belén polo inxenioso guiñol que construiron e polo ben que entretiveron ás criaturas e tamén a todos os maiores que estaban alí.

IMGP2177.JPGIMGP2171.JPGIMGP2167.JPGIMGP2164.JPGIMGP2153.JPG

 IMGP21381.JPG

 

LETRAS GALEGAS.

Estas son algunhas das fotos da festa final do día das LETRAS GALEGAS.

Como xa sabedes ao longo da semana fixemos diferentes actividades relacionadas con esta data para rematar celebrando, cunha gran festa, o día do Cumpreanos dos Contos en Galego, con diferentes contos e música propia galega, para rematar soprando as velas dunha tarta.

IMGP2028.JPGIMGP2027.JPGIMGP2015.JPGIMGP2012.JPGIMGP2011.JPG

IMGP19971.JPG