Arquivos mensuais: Abril 2008

Por fin xa voltamos a estar operativos.

Xa están as fotos para que as poidades imprimir (do Antroido). Xa vistes que continuando co centro de interese montamos o taller de cociña, no que elaboramos pan, algún que outro doce e empanada. Dámoslles as grazas á cociñeira por prestarnos o forno.

Agora estamos a traballar en todas as aulas a primaveira, teredes fotos das vosas crianzas na vosa páxina así como o conto que como sempre, elaboramos na Escola. Pronto vos publicaremos tamén o conto das Cociñeiras e Cociñeiras que aínda estamos rematando de debuxar.

Tamén nestes días inauguramos o noso “obradoiro tecnolóxico” no que estivemos a xogar un pouquiño cos ordenadores, aprendendo o manexo do rato.

Estade atentos a entrar nos porfolios das vosas fillas e fillos xa que pouco a pouco iremos introducindo novas.

 Taller de nais e pais. As cociñeiras e cociñeiros desta Escola As mamás e papás tamén participaron.1 a 2 anos no taller.Que ben o pasamos coa fariña...!2 a 3 anos facendo pan.Máis pan...IMGP1824.JPG O noso IMGP1853.JPGIMGP1763.JPG