O Antroido

Ola de novo.

En primeiro lugar pedirvos disculpas xa que a páxina, das usuarias e usuarios desta Escola rexistrados, leva un tempo parada por motivos técnicos do propio Centro. A partir de hoxe poñémonos de novo a meter información, desde os menús ata a festa de Nadal.

Neste Antroido somos As Cociñeiras e Cociñeiros. Estamos a preparar o noso taller de Cociña no que elaboreremos o pan e algún doce. Xa sabedes que a Gran Festa é o día 8 de febreiro e todas e todos iremos disfrazados (cada nena e cada neno deberá ter un acompañante que tamén se disfrazará).

Xa sabedes que na Escola facemos contos de producción propia. O de Antroido estará colgado na nosa páxina nestes días.

Tamén queremos agradecer a colaboración na elaboración de todos os disfraces e na participación en diferentes eventos destes datas, xa que sen vós sería imposíbel.

Grazas e un saúdo.

Unha reflexión sobre “O Antroido

  1. Equipo educativo de Oia

    Agardamos con gañas que compartades con todos/as eses contos de producción propia a través deste ventá! Saúdos dende a Escola Infantil de Oia

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>