Arquivos mensuais: Xaneiro 2008

O Antroido

Ola de novo.

En primeiro lugar pedirvos disculpas xa que a páxina, das usuarias e usuarios desta Escola rexistrados, leva un tempo parada por motivos técnicos do propio Centro. A partir de hoxe poñémonos de novo a meter información, desde os menús ata a festa de Nadal.

Neste Antroido somos As Cociñeiras e Cociñeiros. Estamos a preparar o noso taller de Cociña no que elaboreremos o pan e algún doce. Xa sabedes que a Gran Festa é o día 8 de febreiro e todas e todos iremos disfrazados (cada nena e cada neno deberá ter un acompañante que tamén se disfrazará).

Xa sabedes que na Escola facemos contos de producción propia. O de Antroido estará colgado na nosa páxina nestes días.

Tamén queremos agradecer a colaboración na elaboración de todos os disfraces e na participación en diferentes eventos destes datas, xa que sen vós sería imposíbel.

Grazas e un saúdo.