O Outono.

Desenvolveuse en todas as aulas o centro de interese do Outono, no que realizamos diferentes actividades, saídas a recoller castañas e tamén fixemos o conto.

Animámosvos a todas as nais e pais a que vos sigades rexistrando, xa que podedes acceder a diferente información como menús, eventos máis próximos, fotos…

Xa estamos tamén a traballar no portfolio das vosas fillas e fillos, onde por exemplo a aula dos bebés no apartado de outros ten o seu menú personalizado así como diferentes fotos no apartado de album, ou no grupo de 1 a 2 anos no que tedes as fotos da saída e conto para que poidade imprimir.

Un saúdo a todas e a todos e grazas pola vosa participación.

Saímos a recoller castañasIMGP0775.JPG

Unha reflexión sobre “O Outono.

  1. Ana

    Están moi ben todas as actividades que facedes. ¡Felicítovos! E seguide así.
    Por certo, quero facer una suxerencia. Os pais cando estamos co@s nos@s fill@s, escoitamos como tararean e cantan algunhas cancións que vos lles ensinades, e a min, persoalmente, gostaríame poder ter acceso as letras das mesmas e así cantalas con el@s. No meu caso moitas veces non entendo a letra que canturrean na casa…

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>