FESTA FIN DE CURSO

O día 25 de xuño estivemos de festa todos xuntos/as: familias, persoal da Escola e nenos/as,despedindo este curso.Saltamos, bailamos, fixemos globos…

A choiva fixo que tiveramos que cambiar algo os plans, sobretodo á hora de xantar que non puido ser no exterior senon no patio cuberto.

Mirade que ben o pasamos…

PICT3821.JPGPICT3808.JPGPICT3798.JPGPICT3797.JPG

PICT3816.JPGPICT3810.JPG

PICT3788.JPGPICT3832.JPG

 PICT3831.JPGPICT3827.JPG

  fiesta 08.JPG

Este día tamén nos acompañaron as TEXI en prácticas que xa remataran e algunha compañeira que, aínda que xa non traballa actualmente con nós formou parte do noso grupo de traballo durante este curso 2007-2008.

 

 

 

 

O Día das Letras Galegas

Estes días quixemos facer unha pequena homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez  (escritor honrado este ano o Día das Letras Galegas). Traballamos cun fermoso poema infantil do seu libro ” A Roseira do teu Mencer” (libro que lle dedica á súa filla “colorín” ).

Todos/as puxeron o seu grao de area para facer un mural cos persoaxes do poema:   “O año pitaño”, “A cabuxa luxa” , ” O gato cegato”, “O coello vello” ” O galo ralo” …

 DIA DO LIBRO 043.jpgDIA DO LIBRO 045.jpg

DIA DO LIBRO 050.jpg

O día do Libro

Na Escola Infantil os libros de contos son unha gran ferramenta nas actividades cotiás. O noso ” Rincón dos Contos” é un espazo visitado polas educadoras e os nenos/as en moitos momentos da xornada, co obxectivo de que os libros formen xa unha parte importante nas súas vidas. 

 DIA DO LIBRO 009.jpg

DIA DO LIBRO 001.jpg

DIA DO LIBRO 015.jpgDIA DO LIBRO 014.jpg

Comparsa de Entroido

ENTROIDO08 093.jpgO Entroido celebrase moito no noso pobo e por isto todolos anos facemos a nosa aportación desfilando pola rúa .

ENTROIDO08 023.jpgAcompañáronnos os traballadores da Escola e os nosos familiares.

ENTROIDO08 098.jpgQue bonito é poder ser todos paiasiños por un día!

ENTROIDO08 086.jpgENTROIDO08 082.jpg

Por certo que estábamos ben guapos.

O día da Paz

Diadapaz1.jpgOs nenos/as e traballadores desta Escola amamos profundamente a Paz e queremos que tódolos que hoxe nos vexan o saiban.

Diadapaz 0111.jpg

Ademáis de facer e poñernos estas pegatinas, para salientar este fermoso día, tamén quixemos liberar unha pomba, como símbolo deste sentimento que xa comenzamos a coñecer, a pesar da nosa curta idade, que é o de vivir en paz e harmonía con tódolos que nos rodean.

Diadapaz 0101.jpg

Gustounos moito toca-la pomba e vela alonxarse no ceo.

Diadapaz 0141.jpg

Desfile de Entroido.

                                                  

    O día 1 de febreiro sairemos á rúa a Comparsa da Escola

Infantil. Os disfraces confeccionámolos no Centro e son ¡ sorpresa!….

Ás 12 da mañá sairemos e podedes vir a vernos, e de volta á Escola, ¡Festa rachada!

Festa de Nadal

DSC01263.JPGNADAL.jpg

O día 21 de Decembro fumos persoaxes de lenda dun fermoso Belén

DSC01279.JPGNADAL 07.jpgDSC01285.JPG

                     Participamos todos, incluso os máis pequeniños…

DSC01308.JPGDSC01328.JPG

Os nosos familiares tamén estiveron na Escola e para rematar Papá Noel

                                 sorprendeunos cun agasallo.