ESPAZO DAS FAMILIAS

ESte curso a nosa Escola Infantil está desenrolando o programa ” Espazo das Familias” coa  valiosa colaboración da fundación PREESCOLAR NA CASA.                                                                              Encarna, que  é a orientadora da fundación que nos acompaña neste Espazo, e máis eu, xa fixemos varias xuntanzas para reflexionar e comentar como denserolar este ” Espazo das familias” na Escola I. de Foz. Tamén repartimos unha enquisa para averiguar cales son os temas que causan máis inquedanza ós pais/nais dos nenos/as. Esto permitiunos averiguar que o tema que máis lles preocupaba na actualidade, con respecto á educación dos seus fillos, era o de ” Normas e Límites”. Decidimos entón empezar por ahí e hoxe fixemos unha xuntanza, coas familias que quixeron asistir, para presentar oficialmente o ” Espazo das Familias”  e tratar a continuación o tema de interese xa nomeado. Non resultou ningunha charla senón máis ben un intercambio moi fluido de experiencias e opinións, moi enriquecedor para todos/as, profesionais e familiares.

.

Unha reflexión sobre “ESPAZO DAS FAMILIAS

  1. Gustavo Quindimil

    Ola Mayte!
    Un saúdo para ti e para todo o equipo que conformades a Escola.
    Que ben ver un blogue tan activo e que bo traballo coas familias; por tanto os meus parabéns para todas e para todos.
    Unha aperta moi grande e ánimo.

    Responder

Deixa una resposta a Gustavo Quindimil Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>