Arquivos mensuais: Xaneiro 2009

ESPAZO DAS FAMILIAS

ESte curso a nosa Escola Infantil está desenrolando o programa ” Espazo das Familias” coa  valiosa colaboración da fundación PREESCOLAR NA CASA.                                                                              Encarna, que  é a orientadora da fundación que nos acompaña neste Espazo, e máis eu, xa fixemos varias xuntanzas para reflexionar e comentar como denserolar este ” Espazo das familias” na Escola I. de Foz. Tamén repartimos unha enquisa para averiguar cales son os temas que causan máis inquedanza ós pais/nais dos nenos/as. Esto permitiunos averiguar que o tema que máis lles preocupaba na actualidade, con respecto á educación dos seus fillos, era o de ” Normas e Límites”. Decidimos entón empezar por ahí e hoxe fixemos unha xuntanza, coas familias que quixeron asistir, para presentar oficialmente o ” Espazo das Familias”  e tratar a continuación o tema de interese xa nomeado. Non resultou ningunha charla senón máis ben un intercambio moi fluido de experiencias e opinións, moi enriquecedor para todos/as, profesionais e familiares.

.