Espazo das familias

 Nova xuntanza da Orientadora de Prescolar na casa, Encarna, da directora da Escola e das familias que  quixeron participar para charlar sobre o tema da Autonomía e as  Rabechas nos nenos de 0 a 3 anos. Compartimos experiencias, comentamos posibles actuacións para diferentes situacións que se nos presentan cos nenos/as…Resultou un tempo moi agradable  e de participación e aportaciós interesantes de  tódolos presentes.

ESPAZO DAS FAMILIAS

ESte curso a nosa Escola Infantil está desenrolando o programa ” Espazo das Familias” coa  valiosa colaboración da fundación PREESCOLAR NA CASA.                                                                              Encarna, que  é a orientadora da fundación que nos acompaña neste Espazo, e máis eu, xa fixemos varias xuntanzas para reflexionar e comentar como denserolar este ” Espazo das familias” na Escola I. de Foz. Tamén repartimos unha enquisa para averiguar cales son os temas que causan máis inquedanza ós pais/nais dos nenos/as. Esto permitiunos averiguar que o tema que máis lles preocupaba na actualidade, con respecto á educación dos seus fillos, era o de ” Normas e Límites”. Decidimos entón empezar por ahí e hoxe fixemos unha xuntanza, coas familias que quixeron asistir, para presentar oficialmente o ” Espazo das Familias”  e tratar a continuación o tema de interese xa nomeado. Non resultou ningunha charla senón máis ben un intercambio moi fluido de experiencias e opinións, moi enriquecedor para todos/as, profesionais e familiares.

.

Día da Biblioteca

escola foz 029.jpgHola a todos/as, despois de superar o período de adaptación dos nenos/as á Escola imos comenzar a poñer no blog algunhas das actividades que realizamos, e este curso comenzamos ca que fixemos o día 24 de Outubro, o Día da Biblioteca.

Para celebrar este día fixemos unha saída cos dous grupos de nenos/as de 2 a 3 anos á Biblioteca Municipal de Foz ,onde nos estaba esperando un fermoso conto de títeres.escola foz 007.jpgescola foz 036.jpg

Gustounos ir á Biblioteca, imos volver máis veces porque a temos pretiño da Escola. escola foz 018.jpgescola foz 044.jpgescola foz 045.jpgescola foz 043.jpg