Arquivo da categoría: As miñas anotacións

FESTA FIN DE CURSO

Ola! Bos días, amigas e amigos!

Por fin comezamos as anotacións no blog. Deste xeito pretendemos que coñezades o  centro e o noso traballo.

 O 27 de xuño celebramos no xardín da  escola a festa de fin de curso. Tivemos como invitados pais, irmáns e outros familiares dos nosos meniños. Empezamos coa actuación dos contacontos Pablo e Ana  e ó longo da xornada as familias tamén participaron facendo distintas actividades:

*Pintura de caras e peiteado de trenciñas.

*Actuacións con instrumentos musicais: guitarra e bombos.

*Xogos de corro.

*Contacontos.

*Cancións.

Pasámolo moi ben, tanto pequenos como maiores!

 O xantar foi como unha romaría, comimos todos xuntos ó frescor da herba e á sombra das nosas árbores.

 IMG_3996 b.JPG                   IMG_4038 b.JPG

 IMG_4079 b.JPG                   IMG_4208 b.JPG  

                             IMG_4224 b.JPG  

         festa 1.JPG              festa.JPG