Últimas novas
XORNADAS EDUCATIVAS1

XORNADAS EDUCATIVAS – BLOG TECENDO FÍOS NA REDE (ÁREA ESCOLAS CGSIB)

[20-12-2017] Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse varias xuntanzas educativas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coas direccións de todas as escolas da Rede, nestes encontros  abordáronse  temáticas  de gran interés para a pedagoxía da infancia 0-3.

XORNADAS EDUCATIVAS1

Organizáronse catro obradoiros prácticos relacionados coa liña metodolóxica das escolas infantís da Rede:

-Dinamización e coordinación: estratexias e ferramentas.

-Propostas de xogo.

-Alimentación, hixiene e descanso.

-A observación e avaliación.

O obxectivo destas xornadas consistía fundamentalmente en  xerar un espazo de encontro e debate para reflexionar e compartir  liñas comúns de actuacións no día a día das escolas,  ademais de achegar ferramentas e recursos ás direccións dos centros que lles  axuden na súa labor como dinamizadoras e coordinadoras  dos equipos educativos.

XORNADAS EDUCATIVAS2

A través deste tipo de xuntanzas promóvese o traballo en Rede, fomentando  e potenciando a liña metodolóxica común e característica do proxecto educativo das escolas infantís. En próximas publicacións afondaremos nos contidos e conclusións de cada un dos obradoiros.