Xogos e cantigas: Pasa Perico, pasa Monteiro

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 558881
Descrición: O xogo é a principal actividade das nenas e nenos. Xogando, as crianzas relaciónanse co mundo que os rodea e, entre outras cousas, desenvolven a afectividade, exercitan a súa motricidade, a súa sociabilidade e en moitas ocasións, son o comezo da manifestación da igualdade de oportunidades.
Os xogos en grupo, acompañados de cantareas que co paso do tempo tórnanse en tradicionais, son unha magnífica oportunidade para entrar en contacto e experimentar coa nosa cultura popular. Ademais, ca práctica destes xogos, as crianzas van aprendendo, de forma lúdica, o respecto polas normas e polos demais. Ao ser un grupo máis ou menos amplo, participan no xogo pequenos de diferentes idades e os máis maiores van levando da man aos seus compañeiros máis pequenos.
Para o desenvolvemento deste xogo, as crianzas deben ser quen de camiñar por si soas.

Ver ligazón