Xogos e cantigas: As partes do corpo

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: GalegoTamaño: 734240
Descrición: Ao longo do seu desenvolvemento, as crianzas van tomando conciencia do seu propio corpo. Pouco a pouco vano coñecendo e controlando. O esquema corporal (esa idea, intuición global ou coñecemento inmediato que temos do noso corpo, en reposo ou en movemento, en función das interrelacións das súas partes e da súa relación co espazo e os obxectos que nos rodean) vaise formando nas crianzas partindo da súa propia experiencia e da diferenciación cos demais.

A idea máis ou menos axeitada que se van creando do seu propio corpo, axúdalles na procura e afirmación da súa propia identidade. As axudas por parte das persoas adultas, neste senso, como en tantos outros, veñen moi ben, máxime cando chegan en forma de xogos e cantigas que resultan gozosas para as crianzas.

Ver ligazón