VISITA INSTITUTO PORTADA

Visita á horta-invernadoiro do Instituto – Blog escola infantil A Illa de Arousa

[16/05/2017] O pasado luns día 8, os nenos e nenas das aulas : “Loureiro”, “Castiñeiro” e “Carballo”, fomos de visita ó instituto da Illa de Arousa.

VISITA INSTITUTO

Posto que teñen un proxecto moi interesante na súa horta. Charo, que é a mestra encargada de levar a cabo este proxecto quixo explicarnos todo o que fan alí.

VISITA INSTITUTO2

Comezou por explicarnos a implicación que teñen coa repoboación dos montes, e que é alí onde conseguen producir un gran número de carballos (como os que levamos nós para plantar no monte) cos que repoboar os montes da zona.

VISITA INSTITUTO3

Logo entramos nesta nave espectacular, chamada invernadoiro, onde tiñan plantadas as leitugas, acelgas, brócoli, tomates, etc… Dentro deste sitio facía un calor inaguantable e tivemos que saír para fóra moi rápido.

VISITA INSTITUTO4

Mentras Charo nos contaba as cousiñas importantes da súa horta, nós atopamos algo para divertirnos: dúas carretillas!

VISITA INSTITUTO5

Unha delas estaba chea de terra, así que aumentou máis o noso interese, e sen dubidalo comezamos a explorar e a manipular, que non todo vai ser teoría!

VISITA INSTITUTO6

E como Charo nos veu moitas ganas de fedellar na terra, levounos a outra parte da horta onde había plantadas cebolas, puerros, berenxenas,… pero que estaban cheíñas de herbas. Así que sen pensalo dúas veces puxémonos “mans á terra”.

VISITA INSTITUTO7

As nosas mamis e papis ademais de axudarnos, controlaban que en vez de herbas, non arrincáramos as plantas.

VISITA INSTITUTO8

VISITA INSTITUTO9

Dende os máis pequenos ata os maiores, traballamos a reo para arrincar todas as herbas que había. Hai que dicir que nesto xa temos moita experiencia, xa que antes de plantar na nosa horta da escola, tivemos que facelo.

VISITA INSTITUTO10

E así de espectacular lle deixamos a súa horta! Cando chegaron os nenos do instituto non o podían crer!

VISITA INSTITUTO11

Así que como premio o noso gran esforzo e como agradecemento da nosa visita, agasalláronnos cunhas plantas de cabazas. Para que prantemos na nosa horta, e deste xeito teñamos cabazas para o próximo Samaín.

VISITA INSTITUTO12

MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO, ENCANTOUNOS A VISITA!!!