Pago de taxas das Escolas Infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar

Os procedementos de pago explicados nesta sección só son válidos para as escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Pode consultar a lista destas escolas premendo na seguinte ligazón.

A Consellería facilítalle o procedemento de abono das taxas mensuais correspondentes ás escolas infantís 0-3 que dependen dela. Establécense dous procesos de pagamento diferenciados:

  • Pago Telemático: todo o proceso de pago pódese realizar a través de internet mediante a utilización dunha tarxeta de crédito (Caixanova/Caixa Galicia).

Nota Importante: Independentemente da opción escollida para realizar o pagamento é preciso entregar na escola infantil un xustificante da operación realiza.

 

Instrucións de pago telemático

Aviso: Só é posible utilizar este sistema se dispón dunha tarxeta das seguintes entidades: Caixanova, Caixa Galicia. En caso contrario debe utilizar o procedemento indicado no seguinte apartado.

Os pasos a seguir para realizar o pagamento das taxas de forma totalmente automatizada a través do ordenador son os seguintes:

Agora só resta Iniciar a aplicación de pagamento seleccionando a opción adecuada e encher os datos solicitados na seguinte orde:

  • Consellería: Seleccione Igualdade e Benestar (código 14)
  • Servizo: Seleccione Garderías (código 002)
  • Delegación: Seleccione como delegación a provincia á que pertence a escola. Os códigos asociados a cada delegación son: A Coruña (10), Lugo (20), Ourense (30), Pontevedra (40)
  • Taxa: Seleccione do listado mostrado a taxa Escolas Infantís 0-3 que ten como código identificativo o 361200
  • Obxecto de pago: Nesta sección é importante que especifique claramente a seguinte información: mes do que realiza o pagamento, escola infantil, nome do neno/a, e aqueles descontos a cuota mensual que sexan aplicables ao mes en cuestión.
  • Total a ingresar: Cuota mensual que lle corresponde abonar

Unha vez introducida a información debe Validar e en caso de non haber ningún erro aparecerá a cuota confirmada na parte superior da pantalla e poderá premer no botón Continuar. O sistema pedirá entón a introdución dos seus datos persoais. Unha vez introducidos correctamente debe volver a Validar igual que fixo no caso anterior e en caso de éxito mostrarase o código de verificación e o número de operación, dos que debe tomar nota pois serán de utilidade en caso de que houbera calquera tipo de problema coa realización do pagamento. Prema o botón Continuar novamente. O sistema pedirá entón a introdución da seguinte información:

  • Tipo de ingreso: Telemático
  • Forma de pago: Pago con tarxeta
  • Entidade: Seleccione a súa entidade de entre as dispoñibles (Caixanova ou Caixa Galicia)
  • Nº de tarxeta: Introduza a información da súa tarxeta

Resta agora só Validar a información e confirmar na seguinte pantalla o Ingreso mediante a opción correspondente.

Instrucións de pago presencial

Os pasos a seguir para realizar este tipo de pagamento son os seguintes:

  • Acceder aquí á web da Consellería de Facenda, que permite a descarga dos formularios
  • Premer en Modelo AI. Autoliquidacion de Taxas
  • Introducir a información pedida baixo a categoría Códigos. As seccións Consellería, Delegación, Servizo e Taxa énchense exactamente igual que no caso anterior. Pode consultar os valores e códigos exactos a introducir no apartado 1. A única salvedade está no apartado taxas, onde ademáis da súa denominación, prégase indicar o mes do que se realiza o pago, a escola infantil, o nome do neno/a, e se existe algún tipo de desconto a aplicar á cuota mensual
  • Introducir os datos persoais baixo a categoría Suxeito pasivo
  • Introducir o Importe a ingresar (os outros dous apartados deben quedar baleiros)
  • Finalmente só resta premer no botón Obter Formulario

O sistema xera entón un documento .pdf coa información que debe imprimir, asinar e presentar nalgunha das entidades bancarias colaboradoras para proceder ao pago das taxas. Pode consultar un arquivo .pdf de exemplo de de formulario de pagamento de taxas xerado a través da aplicación aquí.