SAMAÍN – BLOG ESCOLA INFANTIL O BURGO-CULLEREDO

[22-11-2017] Estamos en outono, unha estación chea de tradicións na nosa terra.

Os nenos e nenas da nosa escola chegan a coñecer e participar destas vivenzas a través do  Samaín e do Magosto da man das familias e das mestras. Grazas a  vosa colaboración poidemos levar a VII exposición de cabazas que aproveitamos para xogar e descubrir luces, sombras..e tamén o medo. Limos un conto relacionado e entregamos os diplomas as cabazas gañadoras en distintas categorias.Agora tócalle o turno o magosto, que xa vos contaremos….

Moitas grazas pola vosa imaxinación e  creatividade!!!