Resolución pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2016/2017

Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o
procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso
2016/2017

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar oferta
7452 prazas nun total de 138 escolas para o vindeiro curso escolar,
incluíndose as escolas de nova apertura de A Coruña – A Sardiñeira, Ames –
Bertamiráns, Fene – Barallobre, Marín – Seixo, Oza – Cesuras e Tomiño –
Goián.