Mantemos o equilibrio

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 446712
Descrición: Dicimos que o corpo está en equilibrio cando o seu centro de gravidade está dentro da base de sustentación. Se o punto de gravidade sae fóra desta base, movemos o corpo na procura de establecer unha nova base. As actividades de equilibrio permiten, manter e recuperar unha posición estable.
O equilibrio vaise consolidando a medida que avanza o desenvolvemento dos nenos e nenas, e o seu ritmo depende en gran medida, como en todos os demais aspectos do desenvolvemento, das oportunidades que se lle ofertan.
Dicimos que unha crianza está en equilibrio “estable” cando se mantén un momento quieto sobre dun pé; e de equilibro “inestable”, cando o corpo, estando en movemento, desequilíbrase e se compensa cun cambio rápido de posición .

Ver ligazón