¿Que son as escolas infantís de Galiña Azul?

As Escolas Infantís de A Galiña Azul son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral. As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, superador do concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.

¿Cal é o propósito do portal?

O propósito principal deste portal é facilitar un novo medio de difusión de contidos e facilitar novas canles de comunicación entre os axentes implicados na educación infantil das crianzas.

¿Como podo rexistrarme?

Para rexistrarse no portal debe encher cos seus datos o formulario que se atopa na páxina principal baixo o título ‘Rexistro’.

¿Cal é a diferenza entre unha suxestión e unha incidencia?

A incidencia é unha mensaxe que se envía á Administración para comunicarlle algún tipo de problema ou mal funcionamento do portal. Pola contra as suxestións serven para aconsellar melloras sobre a plataforma

¿Como podo reportar a existencia dun contido inapropiado no portal?

Pódeo facer a través da sección ‘Contacto’ situada no menú superior do portal. A administración procederá a revisar o contido indicado e a eliminalo se fose necesario.