¿Cales son as titulacións requiridas para os postos?

Para a titulación de, por exemplo, Persoal de Servizos Xerais, requírese a titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Esta información para cada posto de traballo atópase nas Bases, no Anexo I, no apartado denominado Titulación Requirida.

¿Que quere dicir titulación asimilada?

O concepto de titulación asimilada refírese as titulacións obtidas no estranxeiro que están debidamente homologadas en España. Así mesmo, no caso de titulacións españolas, por exemplo, no caso do Graduado en ESO, estaríase a falar do Graduado Escolar de EXB. No caso de Mestre especialista en Educación Infantil é equivalente a Diplomado en Maxisterio, especialidade en Preescolar.

¿Onde podo presentar a instancia?

As solicitudes pódense presentar nos órganos establecidos no artigo 38 da Lei de Procedemento Administrativo: rexistros de órganos administrativos, portelo único nos concellos e calquera administración local, estatal ou autonómica, ademais do rexistro do propio Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

¿Cales son as validacións cos actuais Celgas dos graos de Iniciación e Perfeccionamento?

No caso do grao de Iniciación, equivale ó Celga 3 e no caso de Perfeccionamento, a equivalencia é un Celga 4.

¿Onde podo consultar as bases, listas e datas de exames?

Toda a información referente aos procesos aparecerá publicada na páxina web do Consorcio, o portal web Galescolas.net, no taboleiro do Consorcio e dos concellos participantes nas convocatorias, e a través do número de información telefónica 981 – 53 49 53.

¿Onde podo conseguir o temario?

O temario teno que conseguir cada candidato pola súa conta, consultando en academias, librerías ou editoriais. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non ten editado ningún tipo de contidos para os temarios dos procesos selectivos abertos para as Galescolas. As publicacións existentes, elaboradas por diversas academias e editoriais, non foron verificadas en ningún momento polo Consorcio e, polo tanto, esta entidade non se responsabiliza do seu contido, quedando baixo a responsabilidade única dos correspondentes editores.

¿Que documentación teño que presentar coa instancia?

A documentación esixida é: titulación requirida para o posto, certificado de lingua galega, DNI actualizado e o anexo de autoliquidación de taxas para poder acceder ó exame.

¿Onde podo pagar as taxas?

As taxas pódense pagar en calquera sucursal do Caixa Galicia.

¿Cal é o horario de Rexistro do Consorcio?

O horario de Rexistro do Consorcio é de 9:00 a 14:00 horas.

¿Cal é o número de fax para enviar a copia da instancia?

O fax enviarase cando a instancia non se entregue no rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O número de fax ao que se ten que mandar o ANEXO III – Modelo de Instancia, é o 981-531-691. Para maior facilidade, tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico fax.consorcio@igualdadebenestar.org.