¿Como creo o meu blog?

O blog é creado automaticamente a primeira vez que accede ao portal como usuaria/o rexistrada

¿Quen pode ver o meu blog?

Calquera usuaria/o que acceda ao portal pode visualizar o seu blog persoal. Sen embargo, só vostede pode modificar e engadir entradas ao blog. O resto das usuarias/os só poden facer comentarios sobre as anotacións realizadas polo creador do blog.

Engadín un comentario a unha anotación pero non aparece na pantalla

Non se preocupe. O que está a ocorrer é que o blog en concreto está configurado para precisar moderación dos contidos introducidos nel. Unha vez que a administración do blog revise o seu comentario este será mostrado por pantalla.