Información procedemento matrícula na rede das escolas infantís 0-3 para o curso 2017-2018

O pasado 8 de de marzo o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria do proceso ordinario de matrícula para nenos de 0 a 3 anos nas escolas infantís da rede autonómica de escolas infantís “A Galiña Azul”, na que establece os requisitos e procedementos para solicitar as prazas. Segundo sinala ese anuncipo do D.O.G., o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 9 de marzo ata o 10 de abril (ambos, incluídos), as listaxes provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o 9 de maio e poderanse consultar nas propias escolas infantís nas que se solicite praza, así como nas páxinas web da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (www.igualdadebenestar.org).

 gal