Información procedemento matrícula na rede das Escolas Infantís 0-3

 Dende o 22 de febreiro, está aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede Galiña Azul. O Diario Oficial de Galicia publicou o 21 de febreiro os requisitos e procedementos para solicitar as prazas.Segundo se sinala no devandito anuncio do DOG, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 22 de febreiro ata o 21 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 10 de xuño, ambos os dous incluídos. O curso comezará o 4 de setembro.

Existen dúas vías de solicitude de prazas diferenciadas:

Solicitude de praza PRESENCIAL

Instruccións para a solicitude de praza PRESENCIAL nas escolas

As resolucións de inicio do prazo de preinscripción e matrícula e a documentación anexa pode consultarse nas seguintes ligazóns:

>Escolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

>Escolas da Consellería de Traballo e Benestar

Solicitude de praza TELEMÁTICA

Instruccións para a solicitude de praza TELEMÁTICA nas escolas

O procedemento telemático de solicitude de praza realízase a través desta ligazón e só é aplicable ás escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

>Sede electrónica: BS402A – Novo ingreso en escolas infantís 0-3

 

matricula2014