Experimentando coa xelatina

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 163265
Descrición: O sentido do tacto é o que ten maior desenvolvemento nos nenos e nenas de menor idade. Os estímulos da pel provocan reaccións xerais e locais evidentes e tamén se atopan, como na idade adulta, claras diferenzas dunhas zonas a outras.
Os bebés dende moi pequenos, son quen de coller obxectos e poñelos preto da boca; para eles é a súa primeira fonte de pracer.
Aproveitar esta predisposición a tocar, é unha das actividades máis comúns desenvoltas nas escolas infantís, aínda que ás veces podémonos atopar con algunhas crianzas ás que , nun principio, lles custa un pouco tocar e manipular certos tipos de materiais, sobre todo aqueles que ensucian (xelatina, barro, escuma de barbear,…). Temos que respectar a súa decisión, pero seguro que en canto observe aos seus compañeiros e compañeiras, decidirase a participar na actividade (aínda que isto poda suceder nunha segunda ou terceira sesión).
Nesta actividade están implicados outros sentidos como o da vista e o gusto. En ambos casos as sensacións percibidas co desenvolvemento desta actividade son agradables.
O obxectivo desta actividade é poder experimentar e gozar cun material húmido e viscoso, de cores rechamantes, brillantes, vivas e alegres. Ademais, ten sabores agradables e unha textura peculiar..

Ver ligazón