IMG-20170920-WA0045

Doutoras en Ciencias da Educación da Universidade italiana de Milano-Bicocca visitan a rede de escolas infantís da Xunta de Galicia

[25-09-2017] A rede autonómica de escolas infantís “A Galiña Azul” da Xunta de Galicia recibíu os pasados 18, 19 e 20 de setembro a visita de dúas catedrátricas da Universidade de Milano-Bicocca, en Italia. A presencia das dúas doutoras en Ciencias da Educación italianas é unha máis das que realizan diferentes especialistas nacionais e internacionais á rede de escolas infantís de Galicia, o que a refrenda como un referente nese tramo educativo de 0 a 3 anos de idade.

IMG-20170920-WA0045

 

As especialistas italianas Mónica Guerra e Francesca Antonacci visitaron tres das escolas infantís da rede “A Galiña Azul”: na provincia de A Coruña, a de San Roque, en Santiago de Compostela, e a de Ames-Bertamiráns, e a de Coles, na provincia de Ourense.

Na súa andaina pola nosa comunidade autónoma, as dúas especialistas estiveron acompañadas polo equipo de Atención Educativa da rede de escolas de Galicia e por María Zabalza, profesora no departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

IMG-20170920-WA0025

Mónica Guerra foi unha das relatoras do Plan de Formación que se elaborou no ano 2012 para a rede de escolas infantís de Galicia, no curso que versou sobre “O mundo da heurística na escola infantil 0-3″, como especialista nese campo dos materiais heurísticos e os espazos nas escolas infantís para nenos desas idades.

Tanto Guerra, como Antonacci, centran os seus principais intereses de estudo e investigación no deseño de contextos de aprendizaxe -incluíndo estudos sobre educación ao aire libre-, documentación de programas de ensino e procesos de aprendizaxe, as relacións entre escola e familia, o xogo e a educación, a imaxinación e a educación ou a arte.