Debullar o millo

Autor/a: Ferradás Blanco, Lois; Santos Mato, Carlos
Idioma: Galego
Tamaño: 165021
Descrición: Moi a miúdo os nenos e nenas amosan gañas por beliscar obxectos pequenos.
Ás veces observámolos recollendo pedriñas, botóns, moedas e obxectos similares; eses obxectos adoitan
volver ao seu punto de partida ou acabar rodando polo chan; noutras ocasións, buscan algún burato
polo que meter eses obxectos pequenos, como cando procuran poñer tapóns ás botellas
ou botar moedas dentro do peto. Esta actividade, realizada moitas veces de forma natural, como un xogo,
responde a un importante traballo de motricidade fina, neste caso ao efectuar os beliscos,
realízanse movementos de pinza. Cando lles pedimos que enchan recipientes, están a realizar unha acción
complementaria do baleirado (acción que realizan máis a miúdo);
ademais no caso desta actividade engadimos a riqueza do traballo cos materiais naturais que poden atopar no seu contorno

Ver ligazón